A miña musica preferida é o rock and roll.
O rock and roll (tamén rock n' roll)
é un xénero musical de ritmo marcado, derivado dunha mestura de
diversos xéneros de música folclórica estadounidense,popularizado dende a
década de 1950. O seu cantante máis influente foi Elvis Presley.
O rock and roll que mais me gusta escoitar é o da banda The Beatles. Esta banda de 1960 estaba composta por John Lennon, Paul Mc.Cartney, Georges Harrison e Ringo Star. Este grupo formouse en Liverpool. Enraizada no skiffle e o rock and roll
dos anos cincuenta, a banda traballou máis tarde con distintos xéneros
musicais, que ían dende as baladas pops ata o rock psicodélico,
incorporando a miúdo elementos clásicos, entre outros, de forma
innovadora nas súas cancións.
Chegaron a ser percibidos como
a encarnación dos ideais progresistas, estendendo a súa influencia nas
revolucións sociais e culturais da década de 1960.