martes, 22 de abril de 2014

Gravación de sons

1.Dixitalización do son
Posto que o son se transmite por ondas analóxicas, o ordenador é capaz de traballar con el. Ese é o motivo polo que un ordenador ha de converter o sinal analóxico en sinal dixital. proceso que se denomina dixitalización do son. E este proceso repítese en sentido contrario cando é o ordenador o que ha de xerar sons para que se oian mediante uns altofalantes, cascos musicais...
A dixitalización do son supón tomar mostras do sinal sonoro ( mostraxe) cada certo tempo (frecuencia de mostraxe) e medir a Intensidade do sinal analóxico (I).Cuanta máis veces mídase o sinal sonoro por segundo ( frecuencia de mostraxe alta), e canto maior sexa o rango para medir a intensidade ( maior número de bits para ter máis valores), mellor calidade terá o son dixitalizado e máis parecerase ao son real.

2.Formatos de son
Cando se dixitaliza un son, a información ha de ser gardada en arquivos dalgún dos formatos de audio existentes. Na seguinte táboa detállanse algúns dos formatos de audio máis utilizados.
2.1.WAV: É o formato estándar; nestes arquivos almacénanse sons reais en forma dixital.
2.2.MIDI: É estes arquivos non se gardan sons reais, senón ordes oaraque un sintetizador musical para que xere música. Ocupan bastante menos espazo que os arquivos de son real, aínda que teñen peor calidade.
2.3.MPS: Son análogos aos WAV, aínda que almacenan o son real comprimido, polo que ocupan menos espazo, con pouca perda de calidade.
2.4.MP3: É un formato de compresión de audio dixital patentado que usa un algoritmo con perda para conseguir un menor tamaño de arquivo. É un formato de audio común usado para música tanto en ordenadores coma en reprodutores de audio portátil.
2.5.OGG: Formato de audio comprimido de gran calidade e sen limitacións de distribución, posto que está baseado na licenza pública xeral de GNU.
2.6.WMA: Estes son os arquivos de audio do reprodutor de Windows Media que vén incorporado en Windows; son arquivos comprimidos con boa calidade de son. Teñen a particularidade de escoitarse a medida que se vai recibindo os ficheiros, algo fundamental para Internet.
2.7.Real Audio: É un formato moi utilizado en Internet, xa que a súa principal característica é que se vai reproducindo a medida que se le, en tempo real.

3.Gravacións
3.1.Música
Audacity é unha aplicación que permite gravar, editar e gardar os arquivos de audio en varias fontes diferentes e en distintos formatos. Está dispoñible para Windows e para Linux.
Audacity
3.2.Voz
Pódese utilizar o gravador de son que inclúe o sistema operativo. Esta unidade adoita estar incluída en todos os programas de edición de son ou vídeo.
Hai que enchufar o micrófono na entrada correspondente da tarxeta de son e pulsar sobre o botón de Gravar para realizar a gravación.
Gravadora
3.3.CD de audio
Para extraer música dun CD de audio haberá que recorrer a programas específicos de extracción de audio dixital, coñecidos como ripeadores.
*En Windows, o Reprodutor de Windows Media ofrece a posibilidade de copiar cancións no disco duro en formato wma ou mp3.
Windows Media Reproductor
3.4.Tarxeta de son
-Entrada de liña de audio. Permite introducir, ao ordenador, son dun aparato externo: unha radio, unha cadea de música...(azul)
-Porto MIDI/Joystick. Permite Introducir son directamente dende un instrumento musical ou conectar un joystick para xogos.(amarelo)
-Entrada de micrófono. Permite introducir son do exterior, voz, música... (vermello)
-Saída para altofalantes ou cascos. Permite conectar eses dispositivos para escoitar os distintos sons.(verde)
-Saída de audio. Envía o son a un amplificador ou gravador externo.(negro)
Tarxeta de son

martes, 1 de abril de 2014

Presentación Meninas

TRASFORMACIÓN
RESULTADO



Reflexar e recortar
Reflexa o cadro horizontalmente e recortao ata eliminar ao pintor e o teito da habitación.



Reconstruir zonas borradas
Utiliza a ferramenta de clonación para quitar o can desa escea e simular o contido que habería na súa posición.



Colorear un detalle
Recorta o vestido da infanta Margarita e pégao nunha nova capa. Utiliza os niveis de cor para colorealo de azul.








Centrar a atención
Selecciona os personaxes do primeiro plano cópiaos nunha nova capa e faina non visible. Desenfoca o fondo e volve a deixar visible a primeira capa creada.



Cambio de estilo pictórico
Aplica algún dos filtros artísticos para convertir o cadro de técnica de pintura ao óleo, ao cubismo ou ao impresionismo.



Personalizar a obra
Da un toque artístico ao cadro modificándoo ao teu criterio, por exemplo, debuxando algún detalle, engadindo novos personaxes, cambiando cores, insertando texto.