lunes, 23 de septiembre de 2013

A miña música preferida.

A miña musica preferida é o rock and roll.
O rock and roll (tamén rock n' roll) é un xénero musical de ritmo marcado, derivado dunha mestura de diversos xéneros de música folclórica estadounidense,popularizado dende a década de 1950. O seu cantante máis influente foi Elvis Presley.
O rock and roll que mais me gusta escoitar é o da banda The Beatles. Esta banda de 1960 estaba composta por John Lennon, Paul Mc.Cartney, Georges Harrison e Ringo Star. Este grupo formouse en Liverpool. Enraizada no skiffle e o rock and roll dos anos cincuenta, a banda traballou máis tarde con distintos xéneros musicais, que ían dende as baladas pops ata o rock psicodélico, incorporando a miúdo elementos clásicos, entre outros, de forma innovadora nas súas cancións.
Chegaron a ser percibidos como a encarnación dos ideais progresistas, estendendo a súa influencia nas revolucións sociais e culturais da década de 1960.